Calla palustris
Cala Calla palustris | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Calla palustris Linnaeus, 1753 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Calla es un xénero da división das magnoliófitas (anxiospermas), clase das liliópsidas, orde das alismatales e familia das aráceas.
É o unico xénero da subfamilia das caloideas (Calloideae) que ademais é monotípico, xa que comprende unha soa especie, Calla palustris,[1] a cala.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descricións
[editar | editar a fonte]Subfamilia
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi descrita polo botánico británico George Arnott Walker-Arnott.
Xénero e especie
[editar | editar a fonte]Tanto o xénero Calla, como a súa única especie, Calla palustris, foron descritos por Linneo en 1753 na súa obra Species Plantarum 2: 968.[3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
- Calla brevis (Raf.) Á.Löve & D.Löve
- Calla cordifolia Stokes
- Calla generalis E.H.L.Krause
- Calla ovatifolia Gilib.
- Calla palustris (L.) Raf.
- Calla palustris f. aroiformis Asch. & Graebn.
- Calla palustris f. gracilis Asch. & Graebn.
- Calla palustris f. palustris
- Calla palustris f. polyspathacea Vict. & J.Rousseau
- Callaion bispatha (Raf.) Raf.
- Callaion brevis (Raf.) Raf.
- Callaion heterophylla (Raf.) Raf.
- Callaion palustris (L.) Raf.
- Dracunculus paludosus Montandon
- Provenzalia bispatha Raf.
- Provenzalia brevis Raf.
- Provenzalia heterophyla Raf.
- Provenzalia palustris (L.) Raf.
Distribución
[editar | editar a fonte]Calla palustris é nativa das rexións frías do hemisferio norte, no leste, norte e centro de Europa, Francia e Noruega, norte de Asia e Norteamérica (Alasca, o Canadá e nordeste dos Estados Unidos de América).
Características
[editar | editar a fonte]É unha planta rizomatosa, herbácea, perenne, que crece en charcas e pantanos.
As follas son arredondadas, case parecidas a un corazón, de 6 a 12 cm de longo e de 4 a 12 cm de ancho, cun pecíolo de 10 a 20 cm.
As flores se producen en espádice con inflorescencias de cor amarela verdosa. As infloresencias estám envolvidas por unha grande espata.
O froito é un acio de vermellas cereixas, contendo cada unha varias sementes.
Propiedades
[editar | editar a fonte]A planta é moi velenosa cando está fresca debido ao ácido oxálico que contén, pero os rizomas son comestíbeis unha vez fervidos ou secos.
Úsase contra o reuma, e tamén é utilizada no tratamento dos arrefriados e a gripe.
Unha infusión feita da raíz seca usouse no tratamento da gripe, nos sangrados e como cataplasma en edemas e mordeduras de serpentes.
Os talos aéreos se utilizaron no tratamento da dor nas pernas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland.
- ↑ cala, 3ª acep. no Dicionario da RAG.
- ↑ "Calla palustris". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 31 de outubro de 2022.
- ↑ Calla palustris L. no GBIF. Consultado o 31 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calla palustris |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Calla palustris |